Centos de persoas asisten á proxección da película na praza do Concello coa presenza do director e dos protagonistas, Benedicta Sánchez e Amador Arias
José Tomé destacou o apoio da Deputación e da TIC a este filme “que pon en valor o noso rural, dá proxección mundial aos Ancares e sitúa á provincia de Lugo no mapa internacional do cine”
O máximo responsable provincial dixo que “os lucenses nos sentimos orgullosos desta longa, rodada na nosa terra, na nosa lingua, con actores de aquí e cun director que é un dos nosos” Alumnos do SdeA participaron na organización da gala de presentación da película que se estreará nas salas comerciais de España o 11 de outubro.